Somos un club adicado ao desenvolvemento da ximnasia acrobática en Vigo e a súa área metropolitana. Impartimos clases e adestramentos desde os tres anos sen límite de idade.
O noso grupo técnico está formado por adestradores e adestradoras experimentados, todos eles con titulación deportiva oficial. Ademais, moitos deles son expertos en actividade física e deporte. Ata o de agora, máis de catro mil ximnastas pasaron polas nosas mans.
A nosa sede central está no pavillón municipal da ETEA, na avenida da Mariña Española. Tamén estamos presentes en colexios e nas escolas deportivas municipais de Vigo e Cangas.
AS NOSAS ACTIVIDADES
"Podemos presumir de contar cunha das mellores instalacións do mundo, equipada con materiais de primeira calidade. Dispomos de máis de mil metros cadrados repletos de posibilidades para o desenvolvemento acrobático."